Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO PREPARA O SEGUNDO INTERCAMBIO CULTURAL CON BUCCINO

¿ Un total de 40 mozos e mozas oleirenses visitarán a localidade italiana no mes de agosto e os rapaces e as rapazas de Buccino devolverán a visita en setembro

Oleiros, 28 de maio de 2010. ¿ O Concello de Oleiros informa de que se está a preparar o segundo intercambio xuvenil coa Comuna de Buccino, en Italia. Está previsto que se desenvolva no mes de agosto. Aqueles mozos de entre 15 e 25 anos interesados en viaxar a esta localidade da Canpania italiana deben poñerse en contacto co Departamento de Cultura do Concello de Oleiros ao longo do mes de xuño, xa que aínda están dispoñibles algunhas das 40 prazas previstas para esta viaxe cultural.

Ambas as dúas administración locais confeccionaron un programa de intercambio cultural no que está previsto que desde o 13 ao 20 de agosto un total de 40 mozos e mozas oleirenses visiten a localidade italiana e que os rapaces e as rapazas de Buccino devolvan a visita en setembro.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza