Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O LUNS COMEZAN AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS NA RÚA MANUEL MURGUÍA

¿ Os traballos causarán cortes e anomalías de tráfico na zona

Oleiros, 28 de maio de 2010. ¿ O Concello de Oleiros informa de que o comezo das obras de construción de beirarrúas na rúa Manuel Murguía que se producirá o próximo luns día 31 provocará anomalías no tráfico de vehículos nesta zona da parroquia de Nós. Os traballos comezarán no tramo da rúa Manuel Murguía que vai desde o cruce coa N-VI ata Fiandeiras, polo que este tramo permanecerá cortado ao tráfico os próximos días. O tráfico desta vía se desviará a través da rúa do Valiño. O Concello, que solicita a colaboración cidadá e a comprensión dos veciños, sinalizará a zona e reforzará a presenza da Policía local para minimizar ás anomalías producidas polo corte desta vía.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza