Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

I CAMPIONATO DE MONOPATÍN DE OLEIROS

¿ Mañá inaugúrase oficialmente a nova pista de monopatín de Bastiagueiro a través dunha competición aberta a todos os públicos

Oleiros, 28 de maio de 2010. - Mañá sábado 29 de maio terá lugar na nova pista de monopatín de Bastiagueiro o I Campionato de Monopatín de Oleiros. A competición, organizada polo Concello de Oleiros e Cabreiroá, acollerá a participantes de todas as idades ao longo dunha xornada na que afeccionados a este deporte de toda Galicia se achegarán a Oleiros a competir e gozar do espectáculo.

Está previsto que o campionato se inicie ás 12.00 h da mañá coa presenza de Ángel García Seoane, Alcalde de Oleiros. Tras as primeiras roldas de clasificación, ás 18.00 horas celebraranse as finais que chegarán ao seu fin aproximadamente ás 20.00 h cando terá lugar o acto de entrega de premios no que participarán representantes do Concello de Oleiros así como de Cabreiroá.

O campionato divídese nas categorías en función da idade das persoas participantes (menores e maiores de 16 anos) e os premios van desde importes en metálico ata material deportivo.

O prazo de inscrición no campionato estará aberto ata a mesma mañá do sábado e a organización estima una afluencia de 80 persoas participantes. A inscrición poderá realizarse a través da web: www.asociacioncorunesadeskaters.blogspot.com ou in situ o propio día 29 antes do comezo da competición.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza