Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

REVELA NA ESCOLA, ABERTO AOS ESTUDANTES DE SECUNDARIA ATA O PRÓXIMO 2 DE XUÑO

¿ O traballo seleccionado será premiado con 2000 euros para o centro educativo ganador e con 500 euros para os alumnos e as alumnas que formen parte do equipo

Oleiros, 29 de maio de 2010 -. O Concello de Oleiros, dentro do programa de actividades do V Foro Internacional Revela 2010, convoca o certame de fotografía Revela na Escola. Esta proposta ten como obxectivo implicar o alumnado dos centros educativos de secundaria na iniciativa Revela. A través deste certame estudantil, cuxos traballos poderán entregarse ata o próximo 2 de xuño, a organización pretende achegar os estudantes galegos ao mundo da fotorreportaxe, e, deste xeito, dotalos dunha ferramenta que os permita desenvolver a súa visión crítica da realidade ademais de brindarlles a posibilidade de reflexionar sobre unha temática que vai máis aló do mundo da fotografía.

A edición de 2010 de Revela na escola xirará sobre o mundo da infancia, temática principal do V Foro Internacional Revela. Poderán participar alumnos e alumnas de ESO, de primeiro e segundo de bacharelato, así como dos ciclos formativos de educación secundaria de todos os centros galegos.

Os proxectos estarán compostos por un máximo de dez fotografías que estarán acompañadas por un texto que argumente o obxectivo do traballo fotográfico presentado. Estes traballos desenvolveranse en grupos formado como máximo por 5 estudantes.

O traballo seleccionado será premiado con 2000 euros para o centro educativo gañador e con 500 euros para os/as alumnos/as que formen parte do equipo. Ademais as imaxes seleccionadas estarán expostas en Revela 2010 e formarán parte dunha publicación que recollerá a exposición fotográfica do V Foro Internacional. Así mesmo, serán colgadas no portal oficial de Revela.

O Foro Internacional Revela é unha iniciativa do Concello de Oleiros que conta coa colaboración da Fundación María José Jove e a Deputación da Coruña. Así mesmo prestan o seu apoio La Caixa, Viajes El Corte Inglés e Haley. Para obter máis información e descargarse as bases completas de Revela na Escola pódese visitar a páxina do certame, www.revelaoleiros.org.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza