Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO INSTALA UNHA NOVA ILUMINACIÓN PÚBLICA PARA REDUCIR A CONTAMINACIÓN LUMÍNICA EN BASTIAGUEIRO

¿ Ademais, co obxectivo de reducir o gasto de enerxía o Concello está instalando equipos para o control da enerxía reactiva

Oleiros, 18 de maio de 2010-. O Concello de Oleiros está instalando novos globos anticontaminación lumínica na iluminación do paseo marítimo de Bastiagueiro. Estes globos substitúen a vellos globos brancos que emitían gran cantidade de luz cara á atmosfera. Trátase dunha actuación máis das que periodicamente vén realizando o Concello co obxectivo de reducir a contaminación despois das actuacións realizadas xa con anterioridade no paseo marítimo de Sta. Cruz e recentemente, no paseo marítimo de Santa Cristina. Nesta actuación, en Bastiagueiro, colaborou a Demarcación de Costas subministrando parte do material empregado.

Ademais, co obxectivo de reducir o gasto de enerxía, o Concello está instalando equipos para o control da enerxía reactiva dos equipos de iluminación e motores, como é o caso dos bombeos xerais de augas residuais e certas iluminacións, de xeito que se elimine o custo desta enerxía na factura eléctrica que paga o Concello.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza