Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

A FÁBRICA ACOLLE MAÑÁ A REALIZACIÓN DUNHA OBRA PICTÓRICA EN DIRECTO

Oleiros, 12 de maio de 2010. - O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros acolle desde o pasado venres día 30 de abril, a través do seu programa Fabriarte, a exposición Entre la Multitud, que mostra varias obras en óleo de Lidia Carrión. Esta exposición permanecerá aberta no Centro Cultural A Fábrica ata o 31 de maio.

Mañá, desde as 18.00 ata as 21.00 horas, como actividade enmarcada dentro da exposición, Lidia Carrión vai realizar unha acción artística, denominada In situ e dirixida ao público. In Situ consistirá na realización dunha pintura sobre lenzo, na mesma sala de exposicións, co obxecto de que calquera visitante poida ver as fases polas que pasa unha obra pictórica. Durante este proceso pictórico, levado a cabo pola propia artista, todas as persoas interesadas poderán mostrar os seus dotes artísticos. O espectáculo repetirase os próximos 20 e 27 de maio, das 18.00 horas ata ás 21.00 horas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza