Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

Comezan as actividades de animación á lectura nas Bibliotecas Públicas Municipais

Continuando coa programación do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros, nos vindeiros días comezarán dúas actividades xa tradicionais dentro da política de animación á lectura das bibliotecas do Concello.

Por unha banda "A hora do conto", que vai dirixida a nenos e nenas menores de 10 anos, nos que se tenta transmiti-la maxia da lectura a través de narracións cun enfoque lúdico, participativo e unha vivencia activa cos libros. Brocha, Pincel e Acuarela, son as contadoras de contos Paula Carballeira, Diana Tessari e Teresa Rodríguez. A hora de comezo desta actividade será sempre ás 18.30 e se levará a cabo nos meses de outubro e novembro.

O calendario deste ano será o seguinte: Biblioteca de Dorneda: 1º martes, Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz: 1º e 3º mércores, Biblioteca Central "Rialeda" en Perillo: tódolos xoves, Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera: 1º venres, Biblioteca de Oleiros: 2º e 4º mércores, Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós: 3º venres, Biblioteca de Iñás: 4º venres, Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove: 2º martes, Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé: 3º martes. As actividades levaranse a cabo o día sinalado de cada mes, sempre que sexa laborable.

Así mesmo, e dirixido a incrementa-lo hábito da lectura entre a poboación adulta, dará comezo un novo ciclo de "Faladoiros Literarios e Taller de Lectura". A través do comentario de diversas obras, fundamentalmente de narrativa, as bibliotecas municipais de Oleiros tentan que o lector contacte co libro dun xeito ameno e participativo. Os lugares serán: Biblioteca Central "Rialeda": os mércores ás 17, dende 2 de outubro, Biblioteca "Rosalía de Castro": tódolos xoves ás 17, dende o 10 de outubro, Biblioteca de Oleiros: periodicidade quincenal, dende outubro a determina-lo

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza