Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

Comeza polo norte a operación asfaltado

Esta semana comezarán os labores de asfaltado e renovación das capas de rodado de diversas rúas do norte do municipio, un proxecto que abrangue distintas rúas da zona norte que serán asfaltadas cunha capa de aglomerado para garanti-la súa duración por máis tempo.

O Goberno Municipal pide escusas polas molestias que poidan causar estas obras, un problema que se verá compensado cando as vías estean en mellores condicións para seren utilizadas por todos.

Hoxe luns estaba previsto comeza-los traballos na rúa Río do Campo, para continuar por Outeiro e Xentiña, as tres en Maianca. Despois seguirán polo casco urbano de Xoez (Mera).

Na parroquia de Dexo asfaltarán Jiménez Herrero, que conecta Dexo con Lorbé, e despois continuarán en Dorneda, en concreto na Avenida do Mar, unha vía que une Santa Cruz con Breixo, preto de Mera, pola costa. Esta rúa é coñecida como o «atallo» para non ir da-la volta a Arillo como fai a estrada principal.

Trala Avenida do Mar os traballos continuarán nas rúas do Broño: Tierno Galván, Garduña, Folgueira, Londra e Camiño do Xabarín.

Esta é a primeira fase dun conxunto de obras de pavimentación e reparación de vías públicas que abrangue un total de 34 rúas. O importe total da operación ascende a 172 millóns de pesetas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza