Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

Novo carril no centro de Oleiros para axiliza-lo cruce polo casco urbano

A colaboración dos propietarios dunha finca foi unha vez máis a chave para realizar unha importante obra pública, esta vez no centro urbano de Oleiros. Trátase da construcción dunha beirarrúa na rúa Charry, e un novo carril de distribución do tráfico no semáforo da entrada da localidade.

Este novo carril para coches ten transcendencia por se-lo que distribúe os vehículos entre os que se incorporan á praza de Galicia e os que continúan cara a Sada. Elimínanse así as colas que se producían cando o acceso ao edificio municipal ou cara a Praza da Rabadeira taponaban o paso continuado de vehículos que só desexaban cruza-lo casco urbano da capital municipal.

Na mesma obra realizouse un tramo de beirarrúa que comunica o centro urbano co novo instituto de ensino medio da localidade, emprazado na Av. de Miguel Hernández, onde tamén está a construírse a urbanización Fonte do Ouro, un conxunto de chalés e edificios de pisos que constitúe a maior expansión urbana da parroquia.

Tanto o carril de vehículos como a beirarrúa foron posibles gracias a un convenio de colaboración coa familia propietaria da finca, que cedeu a franxa de terreo necesaria para a obra pública en beneficio de tódolos veciños, unha práctica bastante habitual nas rúas e estradas de Oleiros para a construcción de beirarrúas e beiravías peonís.

O Concello, a parte de sufraga-los gastos das vías públicas, tamén se fixo cargo da restauración do muro da finca.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza