Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

Precintados dous locais de Sta. Cristina

O último fin de semana foron precintados dous locais de Santa Cristina por non axustaren a súa actividade á licencia que tiñan concedida. Trátase dos establecementos denominados "D-2", tamén coñecido como "Pa gosá", e "Lancelot". Un deles tiña aberto un karaoke e outro unha pista de baile, actividades para as que a súa licencia non lles concedía permiso. Despois dos avisos pertinentes, pecháronse os locais.

Non obstante, o Concello de Oleiros actuará en Santa Cristina, como non podía ser doutra forma, con escrupuloso respecto á lei, e non por animadversións ou interese político, como pretenden algúns que están a perseguir a determinados empresarios por mor das súas simpatías políticas.

En canto aos horarios, non existe unha ampliación, tal e como pretenden dar a entender algunhas opinións, senón unha regulación das horas de apertura. En toda España a hostalería pecha á hora que quere, amparada nunha normativa obsoleta que data da época da dictadura. Pese aos importantes cambios detectados na conducta social, a lexislación non acaba de adaptarse e se producen paradoxos coma o de que os restaurantes deben pechar á 1.30 da madrugada, cando o uso social deixa esa hora como desfasada, especialmente no verán.

A resolución sobre os horarios en Sta. Cristina foi acordada por consenso entre empresarios, Concello e representantes da Consellería de Xustiza. Con ela ponse couto á práctica dalgúns locais que están abertos as 24 horas, como esgrimen con razón algunhas denuncias presentadas por veciños.

Tanto a Policía local como a Garda Civil aplicarán a normativa sen contemplacións, co que os negocios pecharán moito antes do que viña sendo habitual.

En relación con excesos de ruídos e altercados, o Concello seguirá a tomar as medidas pertinentes contra os empresarios infractores, que están localizados en función das denuncias e acción da Policía Local e Garda Civil. Trátase dunha minoría composta por 2 ou 3 locais, dos máis de 70 que existen en Sta. Cristina.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza