Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

Unha festa tecno-house, primeira cita do plan de autoxestión xuvenil

Unha festa tecno-house é a primeira idea xerada polos mozos de Oleiros que se poñerá en práctica. Terá lugar o venres 24 na Casa de Festas de Bastiagueiro. O plan municipal de "ideas realizables para seren realizadas" inicia así os seus primeiros pasos.

A sesión está organizada polos mesmos mozos, cos que o Concello colabora aportando a infraestructura de espacio e son necesario. Cinco DJ¿s locais pincharán a súa música favorita a partires das 22.30 horas. Diego Santos e "Pich" programarán música house; J. M Rodríguez pinchará tecno-house, e David Galán e Isaac Fandiño daranlle ao hard tecno.

O pasado 17 de xullo presentábase esta campaña, baixo o slogan "¿Que facemos?", e desde entón se teñen recibido xa media ducia de propostas que na actualidade están sendo estudiadas para a súa realización.

A campaña está dirixida aos mozos para que estes autoxestionen as súas propias actividades eliminando os requisitos burocráticos e favorecendo así o apoio directo ás actividades que desexen realizar.

"Actividades realizables para seren realizadas". Así reza a convocatoria elaborada pola Alcaldía, que naceu como continuación do enorme éxito que teñen as Casas de Festas que se prestan para que os mozos realicen as súas propias convocatorias e desenvolvan as relacións de amizade sen tutelas políticas de ningunha natureza.

Ante os baixos índices de participación dos mozos de entre 17 e 25 anos nas actividades culturais do Concello, os responsables municipais propuxeron unha nova vía para que os mozos desta franxa de idade puideran beneficiarse do apoio municipal para a promoción da cultura e a convivencia.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza