Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

Oleiros e Dorneda afanadas na seguridade peonil

A seguridade peonil é o eixo das obras que están tendo lugar estes días nas parroquias de Dorneda (3.500 habitantes) e Oleiros (2.500 veciños), onde ademais está case concluído o depósito de auga da Edreira, que contribuirá a mellora-lo servicio en todo o territorio municipal, pero especialmente nestas dúas parroquias.

As plataformas peonís na Avenida do Mar, entre Arillo e As Abeleiras e entre Arillo e Lourido Pequeno son tres das principais obras para mellora-la circulación peonil nestes lugares, sobre estradas con bastante carga de tráfico, como son as que comunican Santa Cruz e Oleiros con Mera. Nestes casos, a xestión está só pendente de realizar reunións cos propietarios afectados para solicita-la súa colaboración coa obra.

No caso de Oleiros está próximo a realizarse unha beirarrúa por unha man na avenida Núñez Montero, entre a capital municipal e A Edreira, case tocando o límite co municipio de Sada. Neste caso, ademais, vaise inserir un novo tubo de auga que mellorará o abastecemento aos domicilios do lugar. Outra intervención relacionada coa seguridade vial terá lugar na Avenida de Venezuela, á saída de Oleiros con dirección a Santa Cruz pola Ferrala; alí, todo o traxecto terá unha nova plataforma peonil, moi necesaria especialmente nas curvas existentes a poucos metros da propia Praza da Rabadeira.

Outras obras en Santa María de Oleiros son a renovación do entubado de auga na Rúa O Cruceiro, a segunda fase da ampliación do Campo de Fútbol do Condús, cunha considerable ampliación do seu espacio, a restauración en curso dun novo edificio para amplia-la Casa do Concello (o cuarto inmoble que ocupa no consistorio nos arredores da Praza de Galicia-Parque Rigoberta Menchú). Recentemente tamén se obtivo o solo necesario para amplia-lo Colexio A Rabadeira e construír un novo centro de saúde para o interior, na confluencia das parroquias de Oleiros, Iñás e Nós.

En Dorneda está a executarse tamén a mellora da iluminación pública de Abeleiras de Arriba, Benito Feijóo, Franzomel e un tramo de Pardo Bazán, rematouse recentemente o arranxo da ponte do Río do Couto, ampliando o seu espacio para previ-los efectos dos temporais, e están asfaltándose as rúas As Margaridas e Benito Feijóo.

Tamén están en contratación por fin e despois de inxustificados atrasos por parte da Deputación, as obras de construcción do novo cemiterio municipal, anexo ao que actualmente rexenta a igrexa, unha intervención que reformará todo o complexo parroquial (adro, zona de aparcamentos e entorno).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza