Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

Os problemas de alimentación a exame na Fábrica

¿Preocúpache a túa alimentación? Intentando dar resposta a esta pregunta o Centro Xuvenil da Fábrica propón dúas actividades. A primeira ofreceraa Natalia Seijo. O seu título será "Trastornos alimenticios", e será o mércores 6 de marzo ás 19.30 horas na Fábrica.

Nos derradeiros anos, os desordes alimentarios fóronse incrementando na poboación, principalmente entre os adolescentes e as mulleres novas, aínda que tamén abarca a outros grupos de persoas (ximnastas, actrices, modelos, etc.).

Os corpos perfectos que aparecen de forma crecente nos medios de comunicación fan que o desexo de imitación traia consigo consecuencias nefastas para a saúde dos máis novos, converténdose nunha das principais causas para o desenvolvemento dos trastornos alimentarios.

Días máis tarde porase en marcha un obradoiro de nutrición e alimentación. O seu título: "Alimentarnos mellor". Durará dous días: dende o venres 15 de marzo (de 18 a 20 horas na Casa do Pobo de Mera) ata o sábado 16 de marzo (de 11 a 13 horas no mesmo lugar). O prezo para asistir ao obradoiro será de 7 euros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza