Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

Os baixos de Bastiagueiro son, de momento, almacéns provisorios para material deportivo

Os locais emprazados debaixo do Paseo Marítimo de Bastiagueiro, aos que se refería unha recente información conxunta do PP e o Club Miramar, aínda non están destinados a uso deportivo. Cedéronse aos practicantes do surf unicamente como almacén.

En realidade, trátase de dous locais: un que se deixou debaixo da praza de Miramar cando se construíu o Paseo, e outro no que se emprazaba unha antiga cafetería no borde da praia. O Concello ten previsto acomete-las obras con cargo aos orzamentos do pasado ano, na actualidade aínda en execución.

O destino final deses locais serán as Escolas Náuticas Municipais agrupadas baixo a denominación "Nauticoleiros", realizadas polos servicios deportivos municipais en combinación co INEF e as sociedades, clubs e grupos interesados na práctica de cada modalidade deportiva.

Os membros do Club Miramar estaban actuando na práctica como "ocupas" da vella instalación felizmente derrubada polo Concello para preserva-lo entorno da praia. Unha vez desaparecidas aquelas ruínas, o Concello autorizoulles o uso dos locais como almacén para garda-lo seu material deportivo, de maneira provisoria.

Centos de cidadáns e ducias de entidades sociais, culturais e deportivas se benefician cada día das instalacións públicas municipais de Oleiros. Doce centros culturais, casas do pobo e outras infraestructuras sociais, ademais de 5 pavillóns deportivos, dúas piscinas cubertas, un rocódromo, pista de skate e máis de 30 pistas polideportivas esparexidas por todo o municipio, converten ao noso Concello no mellor dotado de Galicia ao servicio dos cidadáns.

En concreto, os mozos gozan, ademais do Centro Cultural A Fábrica, de tres casas para celebra-las súas propias festas, que utilizan moitísimo e con gran satisfacción.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza