Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

Oleiros comeza a programación de teatro de inverno

Mañá, sábado 12, terá lugar no teatro "As Torres" de Santa Cruz a obra "Hamlet en familia" do Estudio de teatro "Casahamlet". Con esta representación dará comezo a programación de teatro de inverno da Fundación Municipal de Cultura.

Esta compañía de teatro cóntanos como Hamlet refire en voz alta os seus desacougos internos, e confíanos as súas mañas na arte da simulación e da ironía, imprescindíbeis para "sobrevivir" polos esquivos corredores da fortaleza de Elsinor. O príncipe fala con Shakespeare, o seu propio creador, e para diferentes contemporáneos do noso tempo como Cunqueiro e Henri Müller.

Non son só tres Hamlets os que viven neste palco. Podían ser cento ou máis, se lle facemos caso ao Coro cando di: "Un home é un home e asemade unha grea de homes, uns donos de seu, criados outros, e cada quen arrastra por cámaras e corredores os vagos pensamentos propios, os soños, as arelas, as inquedanzas e as iras, a ambición, a luxuria, o medo tamén..."

No espectáculo non se quere perder as arestas máis puras e duras do poliedro.

Unha característica salientable da obra é que aparecen como personaxes personalidades doutras épocas, que na obra conviven nun mesmo espacio-tempo, como o propio creador de Hamlet, W. Shaskespeare, Álvaro Cunqueiro e Henri Müller.

O elenco está formado por Santiago Fernández, Pablo Rodríguez e Manuel Lourenzo, que tamén corre a cargo da dirección da obra. O vestiario, maquillaxe, fotografía e vídeo o leva Xoán M. López Eirís, o deseño gráfico Xesús Pisón, a dirección técnica Octavio Mas, o técnico de escena é Xabier Candeira e a producción está dirixida por Montserrat Modia.

A representación comezará ás 20.30, a duración aproximada é de 70 minutos e será financiada pola Caixa de Galicia.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza