Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

AO PP NON LLE SAEN AS CONTAS

Oleiros, 28 de xuño de 2010. ¿ Ao Partido Popular de Oleiros non lle saen as contas no Concello. A política do portavoz municipal do PP aseméllase á dos seus correlixionarios noutras latitudes do país: «Difama que algo queda». O PP intenta confundir a cidadanía, entre a que xa lle queda pouca ou ningunha credibilidade, coa malévola e perversa manipulación dos feitos. Hai que recordar que o portavoz do PP ademais de concelleiro é deputado autonómico, onde segundo os cronistas do Parlamento está considerado o máis vago do citado organismo.

A funcionaria que ocupaba en comisión de servizo a praza de interventora, gañou en propiedade a praza do municipio pontevedrés da Cañiza, e estaba obrigada a tomar posesión neste concello. O orzamento municipal do Concello foi aprobado co informe favorable da citada interventora, á que o portavoz popular faltoulle ao respecto en máis dunha ocasión por entender que era submisa ao Goberno municipal. Algo que se contradí totalmente co actual argumento do PP.

A legalidade das actuacións do Goberno municipal do Concello de Oleiros sempre estivo precedida por un rigoroso control dos distintos técnicos que teñen esa función, e incluso polo Tribunal de Contas do Estado, ao que o portavoz municipal do PP recorreu para desprestixiar a xestión municipal e saíu tan mal parado coa resolución deste alto tribunal. A euforia naqueles intres levou ao portavoz popular a verse xa como alcalde de Oleiros despois de diversas campañas difamatorias contra a figura do alcalde, Ángel García Seoane, e contar o Goberno que preside e a contar todo tipo de mentiras e terxiversacións dos feitos.

Señores do PP, preocúpense de limpar nos lugares onde «gobernan» e non se esquezan de mirar debaixo das alfombras porque o cheiro é fedento e corren o risco de que con tanta podremia sufran unha epidemia de peste e queden decimados.

En relación aos técnicos que, como vostedes din «abandonaron» o Concello de Oleiros, gustaríame informarlles de que o noso Concello é unha Escola de Formación Superior, e por ese motivo e debido ás remuneracións moito máis altas que perciben noutros organismos con tristura teñen que desprazarse a cubrir altos cargos noutras administracións como son o Tribunal de Contas da Xunta, a Xerencias de Urbanismo de Santiago e Ferrol, xefes de gabinete de grandes concellos e Consellerías.

Por último gustaríame destacar que o informe do Consello de Contas do ano 2007, do que vostedes comentaron recentemente, referíase especialmente á non execución do investimento previsto no auditorio, que vostedes e os demais grupos da oposición impediron levar a cabo, tendo ademais o concello que indemnizar á empresa contratada para realizar esta importante obra. Aplíquense o conto é saiban que o mesmo informe que utilizan para criticar a xestión municipal recolle que o Concello de Oleiros é o Concello que máis investimento realiza con fondos propios en toda Galicia, e o que menos subvencións e achegas recibe da Xunta. Será porque a goberna o Partido Popular?

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza