Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

REVELA 2010 ARRINCA ESTE VENRES NAS RÚAS DE OLEIROS

¿ O programa de actividades desta edición inclúe un interesante taller de fotografía impartido por Giacomo Pirozzi e unha conferencia protagonizada pola xornalista Carmen Sarmiento

¿ A mostra permanecerá nas rúas de Oleiros ata o próximo día 18 de xullo

Oleiros, 17 de xuño de 2010-. Oleiros acolle a partir deste venres e ata o próximo 18 de xullo o V Foro Internacional Revela. O certame, baixo o título Morrer de Infancia, profundará nesta edición nas distintas situacións de violencia e marxinalidade que sofren os nenos e nenas en distintas sociedades do mundo. Revela 2010 inaugurarase no parque José Martí de Santa Cristina ás 12.00 horas cun acto no que se descubrirán simultaneamente cada unha das fotos que forman parte da exposición. Nesta cerimonia inaugural participarán personalidades do mundo da política, da cultura e o deporte.

«A mostra deste ano non vai deixar indiferente a ningún dos seus visitantes. Se torta dunha exposición tremendamente reveladora que invita á reflexión, xa que cada unha das imaxes que a forman posúen un alto 5grao de dureza e dramatismo, sinalou esta mañá Guillermo González, comisario do Foro Internacional Revela.

Revela reúne as obras dos mellores fotorreporteros e fotógrafos documentais do mundo, que mostran os seus traballos nos parques e paseos marítimos do municipio convertendo estes espazos públicos nunha enorme sala de exposicións. O programa de actividades que se desenvolverán de forma paralela á exposición fotográfica inclúe un interesante taller de fotografía impartido por Giacomo Pirozzi e unha conferencia protagonizada pola xornalista Carmen Sarmiento.

O Foro Internacional Revela é unha iniciativa do Concello de Oleiros que conta coa colaboración da Fundación María José Jove e a Deputación da Coruña. Así mesmo prestan o seu apoio A Caixa, Obra Social CaixaGalicia, Viaxes o Corte Inglés e Haley. Para obter máis información sobre o V Foro Internacional Revela pódese visitar a páxina do certame, www.revelaoleiros.org.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza