Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

AS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS EDITAN UNHA GUÍA DE LECTURA

Oleiros, 16 de xuño de 2010. ¿ O Concello de Oleiros elaborou unha guía de lectura titulada A lectura, esa gran viaxe, formada por 225 recomendacións, co obxectivo de presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visión. «Con este traballo recordamos que o verán tamén é unha boa época para ler», sinalaron os técnicos responsables da publicación.

É unha escolla realizada por todo o persoal das bibliotecas polo que nela pódense atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de obras de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para diferentes gustos, intereses e preferencias. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir. Hainas nas bibliotecas de Oleiros e pódense levar en préstamo. Realizáronse 3000 exemplares que serán distribuídos nos colexios, escolas infantís, institutos e nas bibliotecas municipais.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza