Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

OLEIROS VISITA OS ANCARES

¿ O Concello de Oleiros organiza para esta fin de semana unha saída na que participarán unha vintena de mozos e mozas do municipio

Oleiros, 9 de xuño de 2010. ¿ O Centro de Información Xuvenil do Concello de Oleiros organiza unha saída os días 12 e 13 de xuño para facer sendeirismo polos Ancares. O obxectivo desta iniciativa é posibilitar aos veciños a entrada en contacto coa natureza ao mesmo tempo que posibilita unha forma diferente de ocio.

Nesta ocasión toman parte unhas 21 persoas que se aloxarán no albergue Campa da Braña en Degrada, sairán o sábado da rotonda de Santa Cristina ás 9.00 horas para chegar ata Os Ancares e ascender ata o pico dos Tres Bispos. O domingo o grupo dirixirase ata O Piornedo para desde alí ascender ao Mustallar. Tras a ruta os participantes volverán a Oleiros, ao redor das 21.00 horas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza