Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

A ROMARÍA DAS MERENDIÑAS CONTARÁ COA PARTICIPACIÓN DE 1.400 MAIORES DO CONCELLO

¿ A tradicional festa oleirense, que conta coa colaboración de máis de 100 voluntarios, celébrase este sábado a partir das 13.00 horas no xardín das Torres de Santa Cruz

Oleiros, 2 de xuño de 2010.- O Concello de Oleiros organiza este sábado, a partir das 13.00 horas, a Romaría das Merendiñas. Ao redor de 1.400 persoas maiores de 60 anos de todo o municipio participan nesta festa, na que colaboran máis de 100 voluntarios, moitos deles pertencentes a colectivos do movemento veciñal oleirense. A festa celebrarase na finca das Torres en Santa Cruz, se o tempo o permite. En caso de choiva, os actos trasladaranse ao pavillón de Santa Cruz, próximo á finca das Torres.

Durante a celebración, que se prolongará ao longo de todo o día, poderase gozar do tradicional menú das Merendiñas composto por empanada, roxóns e chourizos ao estilo Santaia. Na sobremesa haberá larpeira de Lorbé, queixo fresco con marmelo e xeados. A festa estará amenizada pola orquestra Os Senadores. Ademais a Banda da Escola Municipal de Música ofrecerá un concerto a partir das 13.00 horas.

Esta festa, está dirixida especialmente ao colectivo de maiores do municipio, é unha xornada especial onde o Goberno local pretende homenaxear a todos os maiores do municipio. As Merendiñas representan toda unha festividade en Oleiros, xa que nesta celebración retómase o espírito tradicional. Os veciños e as veciñas xúntanse para celebrar a primavera cunha comida campestre onde a música e a amizade son os protagonistas.

TRANSPORTE EN AUTOBÚS

Así mesmo, o Concello de Oleiros pon a disposición das persoas interesadas en acudir á festa 10 autobuses que recorrerán todas as localidades de Oleiros desde as 12.30 da mañá.

1. Dexo ¿ Lorbé: O Cubo. Aba (marquesiña). Fronte ao bar "A Escola" (marquesiña). O Couto (marquesiña). Igrexa Dexo (marquesiña). Buinte. Igrexa de Serantes.

2. Maianca ¿ Serantes: Broño. Maianca. Nai Pai. Xoez. Cabreira, Breixo (marquesiña).

3. Dorneda: Franzomel. Abeleiras. Rialta. Arillo. O Couto. Augarrío.

4. Perillo: Beiramar. Bodegas de Viños. Parador.

5. Perillo: Solana. Lucín.

6. Montrove: Centro Cultural.

7. Iñás ¿ Nós: As Torres(para de bus), A Cova ,Campamento (parada de bus Betanzos). Arenaza (cruzamento entrada urbanización),O Piñeiro,Os Vilares. Chasqueira. Vilanova. Casa do Pobo de Nós.

8 e 9. Nós: Casa do pobo de Nos. Río da Veiga(marquesiña), Batán. Mesón da Auga. O Carballo.

10.Oleiros: Pousada, Policía Local (parada bus), Gasolineira, A Barreira(marquesiña).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza