Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

REVELA NA ESCOLA AMPLÍA O PRAZO DE ENTREGA ATA FINAIS DE SEMANA

¿ A organización decidiu conceder algúns días máis para que os estudantes dispoñan de algo máis de tempo á hora de presentar os seus traballos

Oleiros, 1 de xuño de 2010 -. O Concello de Oleiros ampliou o prazo de entrega dos traballos fotográficos para o certame Revela na Escola ata finais desta semana. O período de entrega expiraba mañá martes día 2 de xuño, pero a organización do V Foro Internacional Revela decidiu conceder algúns días máis para que os estudantes dispoñan de algo máis de tempo á hora de presentar os seus traballos. Revela na Escola é unha iniciativa que pretende achegar os estudantes galegos de secundaria ao mundo da fotorreportaxe, e, deste xeito, dotarlos dunha ferramenta que lles permita desenvolver a súa visión crítica da realidade ademais de brindarlles a posibilidade de reflexionar sobre unha temática que vai máis aló do mundo da fotografía.

O traballo seleccionado será premiado con 2000 euros para o centro educativo gañador e con 500 euros para os/as alumnos/as que formen parte do equipo. Ademais as imaxes seleccionadas estarán expostas en Revela 2010 e formarán parte dunha publicación que recollerá a exposición fotográfica do V Foro Internacional. Así mesmo, serán colgadas no portal oficial de Revela.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza