Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

COMEZAN OS TRABALLOS DE PAVIMENTACIÓN NA RÚA CELSO EMILIO FERREIRO

¿ O Concello renovará o firme no tramo comprendido entre a rúa Cividanes e a intersección de Canaval. Ademais instalaranse pasos de peóns elevados, así como elementos redutores da velocidade

Oleiros, 31 de maio de 2010. ¿ O Concello de Oleiros comezou hoxe os traballos de pavimentación da rúa Celso Emilio Ferreiro, no tramo comprendido entre a rúa Cividanes e a intersección de Canaval. Esta obra completa o traballo levado a cabo pola Autoridade Portuaria da Coruña, que recentemente asfaltou o tramo que une o faro de Mera e a intersección de Canaval, tal e como figuraba nas condicións do convenio de cesións ao Concello desta vía.

Previamente a estes traballos de pavimentación que rematarán de acondicionar a rúa, o Concello eliminou os tendidos aéreos e postes no tramo entre Cividanes e Xoez. Ademais instalouse unha nova iluminación pública e proximamente instalaranse pasos de peóns elevados, así como elementos redutores da velocidade.

Estes traballos na rúa Celso Emilio Ferreiro ocasionarán anomalías no tráfico, polo que o Concello de Oleiros solicita a colaboración cidadá.

Obras en Santa Cristina

Por outra banda, o Concello está a levar a cabo unha serie de traballos de acondicionamento e mellora en Santa Cristina. Estanse a eliminar barreiras arquitectónicas que dificultaban o paso de persoas discapacitadas e estanse a mellorar rúas e beirarrúas. Ademais o Concello está a renovar o pavimento da zona situada entre as rúas Mendel e Víctor López Seoane. Esta praza pública viuse afectada nos últimos meses por afundimentos parciais do firme, debido a irregularidades no terreo. Para corrixir este problema e previr posibles accidentes, o Concello axilizou a execución desta obra de mellora que xa se está a levar a cabo.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza