Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO DE OLEIROS ABRE EXPEDIENTE POR DANOS AO PATRIMONIO MUNICIPAL A UNHA ASOCIACIÓN CULTURAL DO BURGO

Oleiros, 9 de setembro de 2010-. O Concello de Oleiros abriu expediente a asociación cultural Negus por danos ao patrimonio municipal provocados polos carteis promocionais do Festival de música Reggea X Fundation celebrado o pasado fin de semana no municipio de Culleredo.

Os carteis causaron danos irreparables en marquesiñas xa que foron pegadas con goma o que fai imposible a súa extracción sen raiar os vidros que serán substituídos por outros novos. O costo da reposición do material público será repercutido a esta asociación afincada no Burgo. Os danos son cuantiosos. Así mesmo, se está a realizar unha valoración sobre os danos ocasionados por esta mesma publicidade nos contenedores de lixo e demais mobiliario público.

O Concello de Oleiros considera preocupante que unha asociación de carácter cultural se responsable de xerar unha degradación evidente do patrimonio público.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza