Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO DENUNCIA O SILENCIO DA XUNTA ANTE A SUBA DUN 20% NA FACTURA ELÉCTRICA

¿ A suba repercute nos consumidores que ainda non asinaron contrato no mercado libre eléctrico e teñan contratado actualmente mais de 10 kws de potencia

Oleiros, 9 de setembro de 2010-. O Concello de Oleiros denuncia que nin a Xunta de Galicia, nin o Estado, nin as Compañías Eléctricas están a facer ningunha campaña informativa para apercibir aos consumidores que teñen contratada mais de 10 Kws de potencia no seu suministro eléctrico de que, si non asinaron un contrato no mercado libre, desde o mes de Abril están a pagar mensualmente unha penalización do 20sobre a factura electrica real e se lles anula a discriminación horaria, é dicir, factúranlle todos os horarios ao mesmo prezo.

Esta anulación da discriminación horaria ten especial relevancia para os Concellos dado que a discriminación horaria aplícase aos alumeados públicos de modo que se cobra un prezo mais económico para o horario nocturno. A penalización dun 20e non terlles en conta a discriminación eléctrica supón para os concellos un sobrecoste importante. Desde o Concello de Oleiros considérase que a Xunta de Galicia tería que ter realizado unha campaña informativa para apercibir a eses consumidores da necesidade de asinar eses novos contratos eléctricos.

No caso dos Concellos que non se pasasen ainda ao mercado libre, a situación é mais complicada por canto a Lei obrígalles a determinados procesos de contratación que se poden prolongar no tempo, de modo que o custe desa penalización afectará notablemente ás arcas municipais.

O silencio cómplice da Xunta de Galicia beneficia ás eléctricas e perxudica notablemente a aqueles concellos, empresas e consumidores nos suministros de mais de 10 Kws de potencia que non estén informados desta situación.

Desde o Concello apercíbese a aqueles consumidores que teñan actualmente mais de 10 Kws de potencia contratada e non asinasen ningun contrato recentemente con alguna empresa no mercado libre, que deben facelo con urxencia para evitar esa penalización que xa se lles está aplicando desde o mes de Abril.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza