Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO SACA A CONTRATACIÓN OS SERVIZOS DE AXUDA NO FOGAR E COMEDOR SOBRE RODAS

Oleiros, 7 de setembro de 2010-. O Concello de Oleiros saca a contratación os servizos de Axuda no Fogar e de Comedor sobre Rodas.A inversión deste importante servizo é de 1.119.312 euros e duración do contrato será de dous anos. Estes dous programas do Servizo de Benestar Social do Concello de Oleiros están encamiñados a garantir a calidade de vida das persoas maiores do municipio que necesiten axuda para o desenvolvemento da súa vida e nel préstanse todos os servizos necesarios para o desenvolvemento da vida cotiá. O Goberno local de Oleiros leva mais de 20 anos poñendo en práctica políticas sociais onde os colectivos de especial sensibilidade, como o dos maiores, son a prioridade. Foi un dos pioneiros en Galicia en poñer en marcha este tipo de programas

Na actualidade o servizo de Axuda no Fogar conta cun total de 118 usuarios e usuarias, aínda que o seu número total vese incrementado en outros 60 persoas, posto que en moitos casos son atendidos os dous conxugues dunha familia. Ademais outras 18 persoas son usuarias do servizo de Comedor sobre Rodas. Ambos programas están en clara progresión xa que todas semanas rexístranse novas altas.

A empresa concesionaria utilizará un total de 40 traballadores para prestar estes servizos. En total serán 2 traballadores sociais coordinados directamente pola traballadora social do Concello e 38 auxiliares encargadas de prestar axuda aos distintos usuarios.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza