Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

GARCÍA SEOANE ESIXE RESPECTO INSTITUCIONAL POR PARTE DO PRESIDENTE DA XUNTA

Oleiros, 3 de setembro de 2010-. Ante as declaracións efectuadas onte polo presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo, e por outros destacados membros do Partido Popular na presentación do candidato en Oleiros ás eleccións municipais de 2011, e ante as malévolas insinuacións realizadas contra o alcalde de Oleiros por parte do máximo responsable do Goberno autonómico, García Seoane sinalou esta mañá que lle gustaría puntualizar ao presidente da Xunta que se algún político está no punto de mira dos xuíces e fiscais non cabe a máis mínima dúbida que eses son do Partido Popular e encóntranse espallados por toda a xeografía española.

«O único punto de mira en Oleiros pono o PP que unha vez máis pretende acadar a través dos tribunais e intentando utilizar o sistema xudicial o que nunca logrou nas urnas», sinalou García Seoane. «Utilizan a vía xudicial contra a miña persoa usando todo tipo de calumnias e maldades para desprestixiarme como persoa e como político. Deste xeito, intentar ver se soa a gaita por segunda vez», sinalou.

Moi mal lle debe ir ao PP en Oleiros cando para a presentación dun candidato desembarca en Oleiros medio Goberno galego, ex ministros e altos cargos da dirección nacional do partido. O 90% da xente que se reuniu na presentación do candidato do PP en Oleiros non son veciños do municipio, se non simpatizantes do partido de toda a comarca galega.

Ademais, García Seoane, en clara alusión ás manifestación de Carlos Negreira, sinalou que os únicos problemas económicos que pode ter o Concello de Oleiros son os derivados do trato que dispensa a Xunta de Galicia de Núñez Feijoo ao Concello ao non cumprir co financiamento.

Por último, o alcalde de Oleiros referiuse ao desnortado candidato dos populares ao que lle recordou que as obras pendentes da Xunta de Galicia «na esquecida zona norte do municipio» son moitísimas como a mellora e a ampliación do centro de saúde de Mera, a restauración da Casa do Mar, a creación dunha escola infantil na Casa Labarta, cedida á Xunta de Galicia polo Goberno local, os accesos ao Porto de Lorbé, o porto deportivo en Lorbé, informado negativamente por Portos de Galicia, ás beirarrúas de Breixo e Sisaldo, ou a rotonda de Arillo entre outros proxectos necesarios que a Xunta non trata.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza