Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO PON EN MARCHA A LIGA MUNICIPAL DE FÚTBOL SALA 2010-2011

Oleiros, 31 de agosto de 2010-. O Concello de Oleiros abre o prazo de inscrición para a Liga Municipal de Fútbol. As datas para realizar a preinscrición irán desde o 1 ao 20 de setembro. Os trámites deberán realizarse na conserxería do Centro Municipal da Fábrica, en horario de 8.00 a 22.00 horas de luns a venres.

A Liga Municipal de Fútbol Sala de Oleiros está dirixida fundamentalmente aos veciños do noso concello, polo cal, cada equipo participante deberá contar con xogadores empadroados dentro do termo municipal de Oleiros. O número mínimo de xogadores por equipo será de 7 e un máximo de 12. Os xogadores deberán ter máis de 18 anos. O número máximo de equipos participantes será de 18, e terán garantida a súa presenza os equipos que xa participasen na pasada tempada, sempre que manteñan un mínimo do 80% dos xogadores.

Se unha vez rematado o prazo de preinscrición quedasen prazas vacantes, realizaríase un sorteo público entre os equipos que se preinscriben por primeira vez na liga. O sorteo realizaríase o día 24 de setembro ás 14:00 horas no auditorio da Fábrica. Entre o 27 de setembro e o 6 de outubro deberá formalizarse a inscrición definitiva. As datas previstas para o comezo da Liga Municipal de Fútbol Sala de Oleiros son na semana do 18 ao 22 de outubro.

.- Equipos de 7 e 8 xogadores, máximo 1 xogador non empadroado.

.- Equipos de 9 e 10 xogadores, máximo 2 xogadores non empadroados.

.- Equipos de 11 e 12 xogadores, máximo 3 xogadores non empadroados.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza