Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

A XEFATURA DE INFRAESTRUTURAS DA XUNTA DENEGA IMPORTANTES OBRAS DE SEGURIDADE VIARIA DEMANDADAS POLO PLENO

Oleiros, 28 de agosto de 2010.- A Xefatura de Infraestruturas da Xunta de Galicia contestou ao Concello de Oleiros en relación a unha serie de demandas efectuadas polo Pleno municipal a través das que se solicitaba diversas obras de mellora do tráfico e da seguridade viaria no municipio.

Desde a Consellería contestaron ao Goberno local que se está a elaborar un proxecto de mellora para a estrada que une Perillo con Mera, pero desde a Xunta non precisan a posible data da súa aprobación e posterior execución. En relación ás beirarrúas da rúa Salvador Allende, no lugar das Grobias, na parroquia de Nós, os responsables de Infraestruturas responderon que son conscientes da necesidade desta obra, pero que non existe ningunha previsión para afrontar este proxecto. Ademais a Xunta comunicou ao Concello que, en caso de que algún día se leve a cabo, o Concello deberá proporcionar o solo necesario para executar a obra.

Respecto á rotonda que se solicitaba para o lugar da Chisqueira, no cruzamento coa Rúa Salvador Allende e o acceso a Oleiros e Pravio, a Xunta asegurou que a responsable de levar a cabo esta obra é, segundo o seu parecer, a Deputación provincial. Por último, en relación á rotonda que se demandaba para o lugar de Vilanova, entre a rúa Salvador Allende e a rúa Manuel Murguía que desde esta localidade se dirixe ao Carballo, na N-VI nunha zona que actualmente está a ampliar o Concello de Oleiros, e a rúa Pilar Estévez Diéguez que dá acceso aos núcleos do Temple e da Barcala no municipio de Cambre, os responsables da Xunta estiman que non se trata dunha mellora prioritaria.

O Concello de Oleiros lamenta a actitude de abandono cara ao Concello de Oleiros mantida pola Xunta de Galicia en relación á mellora do tráfico e da seguridade viaria, tanto para os vehículos como para os peóns nun municipio que é un dos principais accesos á comarca coruñesa.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza