Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

A XUNTA DENEGA O PINTADO DE DOUS PASOS DE PEÓNS

¿ A decisión afecta á seguridade viaria nas inmediacións dun núcleo que conta con máis de 1.300 habitantes.

¿ Trátase dunha demanda directa dos residentes desta zona

Oleiros, 21 de xullo de 2010-. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas denegou ao Concello de Oleiros a solicitude para a creación de dous pasos de peóns nas inmediacións da urbanización Os Regos. Esta era unha demanda directa dos residentes da zona debido ao grande risco para a seguridade viaria e constante perigo que supón cruzar a estrada que comunica Perillo con Oleiros a altura do lugar das Pedreiras. Ademais neste punto están instaladas paradas de autobús en ambos sentidos.

Estes pasos peonís solicitados polo Goberno municipal de Oleiros completarían o percorrido para peóns que desde a rúa Isaac Díaz Pardo, na urbanización Os Regos, permite o acceso a todas as zonas desta urbanización.

O Concello de Oleiros lamenta a política negativa que está levando a cabo a Xunta de Galicia no municipio de Oleiros. A decisión de denegar o pintado destes dous pasos de peóns prexudica de forma grave a seguridade viaria nas inmediacións dun núcleo que conta con máis de 1.300 habitantes.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza