Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO INSTA A PORTOS A QUE BLOQUEE O ACCESO AO PEIRAO DE SANTA CRUZ

¿ A rampla do peirao presenta un grave risco para a seguridade cidadá

¿ O alcalde solicita ao director de Portos que emende de inmediato as deficiencias da infraestrutura

Oleiros, 20 de xullo de 2010-. O Concello de Oleiros instou a Portos de Galicia a que se bloquee o paso ao peirao do porto de Santa Cruz polos riscos que esta infraestrutura presenta para os viandantes e bañistas. A rampla do peirao encóntrase moi deteriorada desde as inmediacións da caseta de socorrismo e presenta grandes gretas e buratos que amplían a súa dimensión rapidamente e de forma preocupante.

O Goberno local solicitou a Portos o peche deste peirao debido ao perigo que entraña para as persoas usuarias da zona e a proximidade das diversas actividades que se desenvolverán ao longo do próximo mes na localidade: Alfaroleiros, a Semana Cultural que se desenvolve no porto e na praia e as festas locais.

Así mesmo, o Concello instou de novo ao director de Portos de Galicia a que tome de inmediato as medidas necesarias para emendar a deterioración desta infraestrutura.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza