Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

COMEZAN AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS EN RÍO DO SEIXO

¿ Esta obra prevé a construción de beirarrúas con carril bici, zona verde e zona axardinada. Así mesmo, instalaranse os servizos de auga, saneamento nun tramo e instalarase a previsión de tubos para o soterramento das liñas de teléfono e electricidade

Oleiros, 1 de xullo de 2010. ¿ As obras de construción de beirarrúas no Río do Seixo comezaron onte. A empresa encargada da obra comezou cos traballos de desmonte en contra das manifestación do grupo municipal do PP nas pasadas datas ao respecto de que a Xunta de Galicia non comezaría as obras de beirarrúas entre Dorneda e Santa Cruz na zona do Río do Seixo por problemas na disposición dos terreos entregados polo concello.

O Concello comprobou o replanteo realizado pola empresa e constatouse que os terreos cedidos polos propietarios cumpren perfectamente o establecido no Plan xeral para a urbanización dunha vía de 23 metros de ancho. Esta obra prevé a construción de beirarrúas con carril bici, zona verde e zona axardinada. Así mesmo, instalaranse os servizos de auga, saneamento nun tramo e instalarase a previsión de tubos para o soterramento das liñas de teléfono e electricidade.

Ademais durante a execución desta obra repoñeranse os peches das parcelas afectadas e levarase a cabo a construción de muros alí onde sexa necesario, logo de que o Concello de Oleiros obtivese a cesión dos terreos por parte dun total de vinte propietarios.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza