Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO FAI PÚBLICO O MODELO DE CONVENIO QUE PERMITIRÁ A CONSTRUCCIÓN DA FUTURA INSTALACIÓN DEPORTIVA NA ZONA NORTE

¿ Unha das primeiras obras que se prevé realizar neste futuro complexo é o novo campo de fútbol

Oleiros, 25 de setembro de 2010. - O Concello de Oleiros procedeu a someter a trámite de información pública os modelos de convenio elaborados para a obtención anticipada do solo do sistema xeral do PXOM necesario para a construción da novo Campo Municipal de Deportes, que se situara entre as localidades de Serantes e Dexo. Unha das primeiras obras que se prevé realizar nesta futura instalación é o novo campo de fútbol, que, preferentemente, utilizará o Club Marino de Mera.

O Concello, a través destes convenios, garántelle aos propietarios un aproveitamento urbanístico na localidade de Mera que se corresponderá co número de metros que cedan para o desenvolvemento deste complexo.

Unha vez publicados estes convenios o Concello procederá a firma oficial dos mesmos para informando debidamente ao Pleno da Corporación, para, de forma posterior, proceder a execución dos traballos de construción do citado campo de fútbol.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza