Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO PRESENTA A OBRA DE TEATRO «CALEIDOSCOPIO»

¿ O sábado día 25 de setembro, representación da obra de teatro Caleidoscopio, a cargo da compañía de Teatro El Ruiseñor

Oleiros, 20 de setembro de 2010. - O auditorio Gabriel García Márquez acollerá o sábado 25 de setembro a representación da obra Caleidoscopio a partir das 20.30 horas, coa que a compañía de Teatro El Ruiseñor, porá o peche ao Ciclo de Teatro Xuvenil que organizou o Centro de Información Xuvenil.

Caleidoscopio, unha obra escrita e dirixida por Susana Crespo, nun mundo futurista existe un neno diferente aos demais, infeliz co mundo que o rodea, polo que crea o seu propio mundo imaxinario alimentado polos cómics e contos de antano. Nun primeiro momento o protagonista imaxina o mundo en cor e tras o asasinato do seu pai, a súa mente converterá os asasinos en seres infernais encabezados polo mesmísimo diabro. Todos estes sucesos darán comezo a unha loita interior do home contra os seus propios demos, onde a realidade supera a ficción. As entradas póñense á venda ás 19:30 horas e terán un custo de 2,50 ¿.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza