Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO ADQUIRE OS TERREOS NECESARIOS PARA CONSTRUIR O NOVO COLEXIO EN NÓS

¿ O Goberno local porá a parcela a disposición da Xunta de Galicia de forma inmediata co obxectivo de que a obra se leve a cabo no 2011

Oleiros, 16 de setembro de 2010. - O Concello de Oleiros adquiriu esta mañá os terreos necesarios para levar a cabo a construción do futuro centro de ensino de educación primaria e secundaria que se situará na parroquia de Nós. A adquisición levouse a cabo por compra directa tras diversas xestión realizadas ao longo dos últimos meses polos responsables municipais ante os responsables da Fundación Tenreiro. O importe total da operación supón un investimento total para arcas municipais de 300.000 euros. O número total de metros adquiridos é de 11.496 metros cadrados. A parcela está situada na zona de Vilanova e forma parte da que fora residencia estival da familia Tenreiro.

O Goberno local porá a parcela a disposición da Xunta de Galicia de forma inmediata co obxectivo de que a obra se leve a cabo no 2011. Este centro de ensino é unha vella demanda do Concello de Oleiros que elixiu esta situación porque considera que a parroquia de Nós é unha zona da parte sur do municipio en pleno desenvolvemento. Coa construción deste novo colexio se permitirá acoller aos novos futuros alumnos e alumnas así como aliviar a situación de saturación de alumnado que están a sofren determinados grupos dos catro centros de ensino cos que conta o municipio na actualidade.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza