Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO ORGANIZA O PASE DA OBRA DE TEATRO AS TROYANAS

¿ O sábado día 18 de setembro representarase a obra de teatro As Troianas a cargo do grupo Parrocha

Oleiros, 14 de setembro de 2010. O auditorio Gabriel García Márquez acollerá o sábado 18 de setembro a representación a partir das 20.30 horas, da obra As Troianas, a cargo do grupo Parrocha. Fundado no 2001 e formado por rapaces e rapazas da ESO do IES de Elviña. Ao longo da súa traxectoria acadou o primeiro premio do certame Candilejas Don Bosco, durante o 2004 ¿ 2005 ¿ 2006.

Aínda que dedicado con preferencia ao teatro clásico, o grupo Parrocha profundouse tamén noutros estilos como o teatro moderno ou o de autores estranxeiros.

A montaxe de As Troianas, no que o grupo incorpora a membros doutros IES e aos restos do desaparecido grupo Sardiña, foi a posta de gala e a súa presentación en sociedade. Todo un reto se temos en conta que todos os compoñentes pertencen a ESO. Con estelas vimbias, o grupo Parrocha obtivo en xuño de 2009 o Terceiro Premio Nacional de Teatro. As entradas póñense á venda ás 19:30 horas e terán un custo de 2,50 ¿.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza