Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO DEIXARÁ DE SUFRAGAR OS GASTOS DE LIMPEZA DOS CENTROS DE SAÚDE O PRÓXIMO DÍA 23

¿ A Xunta de Galicia estase a negar a asumir as súas competencias a pesar de ter firmado un convenio co Concello

Oleiros, 13 de setembro de 2010. ¿ O Concello de Oleiros deixará de sufragar os ervixo de limpeza nos centros de saúde de Santa Cruz e Perillo o próximo 23 de setembro, día que remata o actual contrato deste servizo. O mantemento destes puntos de atención primaria tiña que estar asumido pola Xunta de Galicia desde o pasado exercicio 2009, cando o 29 de marzo dese ano se firmou un convenio de cesión entre o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane e a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas. Ademais a Xunta incumpriu o acordo de 2008 subscrito entre a Xunta e a Fegam no que se incluía o municipio de Oleiros no primeiro grupo para a cesión do mantemento dos centros de saúde ao Goberno autonómico.

A pesar das múltiples xestións dos responsables do Concello ante a Consellería e da entrega de toda a documentación requirida por parte da Xunta de Galicia aínda a día de hoxe é o Concello quen está sufragar os gastos de limpeza, gas, telefonía, electricidade e demais gastos de mantemento. Isto está a supoñer un elevado custo para as arcas municipais, polo que o Goberno local do Concello de Oleiros non está disposto a continuar suplindo a Xunta de Galicia nas súas competencias polo que, en aras dos acordos subscritos deixará de limpar os citados centros.

Respecto aos outros contratos que o Concello ten para o mantemento dos centros de saúde, o Goberno local continuará a manter os servizos ata que estes finalicen. O Goberno local quere denunciar a actitude da Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, quen, a pesar de que o Concello solicitou en reiteradas ocasións reunirse cos responsables da consellería para abordar o tema, aínda non recibiu unha resposta a estas solicitudes.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza