Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O CONCELLO PON EN MARCHA O PROGRAMA DE ASESORAMENTO SOBRE DROGAS

¿ O 16 de setembro comeza unha nova edición dos puntos de asesoramento do programa DESMÁRCATE dirixido a todos os veciños de Oleiros

Oleiros, 10 de setembro de 2010. ¿ O Concello de Oleiros pon en marcha unha nova edición dos Puntos de Asesoramento para Pais e Nais así como os Puntos de Asesoramento para Rapaces e Rapazas. Estes puntos de asesoramentos enmárcanse dentro do programa de Educación para a Saúde e Prevención de Drogas e Alcohol que o Centro de Información Xuvenil leva a cabo todos os anos co fin de ser un apoio ás familias de Oleiros para que poidan desenvolver axeitadamente as súas funcións educativas e socializadoras, e superar situacións de necesidade e risco social.

O servizo terá lugar todos os xoves, a partir do 16 de setembro no Centro de Información Xuvenil de 16.00 a 18.00 h. en sesións individuais e baixo a dirección dunha pedagoga. Todas as persoas interesadas en acudir a estes puntos poden solicitar cita previa no Centro de Información Xuvenil, na Fábrica (teléfono 981 63 65 98 ou no c.xuventude@oleiros.org ).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza