Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

ESPECULACIÓN COS CAMPOS DE FÚTBOL

Oleiros, 21 de outubro de 2010.- En relación á información sobre a situación do campo de fútbol do Hércules de San Pedro de Nós, de propiedade municipal a través dun convenio urbanístico, o Concello sinala que esta concesión en propiedade ao Concello foi parte da compensación como solo público que a Fundación Juana de Vega dera en relación cun solo urbanizable non programado de tres hectáreas que a citada fundación posúe nas inmediacións da urbanización O Pinar. Pasaron trece anos sen que a citada fundación urbanizara o solo nas inmediacións da urbanización O Pinar. Coa aprobación do PXOM no 2009, a Xunta de Galicia, que non o Concello de Oleiros, procedeu á súa recualificación como solo rústico.

A raíz da decisión tomada polo Goberno autonómico, os responsables da Fundación Juana de Vega tomaron a decisión de intentar mellorar a situación económica da institución a conta do Concello de Oleiros. É dicir, reclámanlle ao Concello 3.129.000 euros en compensación por manter o campo de fútbol, un solo rústico que no mercado non acada máis de 100.000 euros, dado que é un solo de especial protección situado na ribeira do río de San Pedro de Nós.

En relación a este tema, o alcalde sinalou que a actitude mantida polos responsables da Fundación supostamente podería ser un presunto atraco ás arcas municipais. Ademais ante tal postura, o Concello de Oleiros antes de resolver a desorbitada pretensión da Fundación Juana de Vega recorreu ao asesoramento do Consello Consultivo da Xunta de Galicia, o cal informou de forma favorable ás resolucións municipais, á espera do fallo xudicial.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza