Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

O GOBERNO LOCAL PRESENTOU A NOVA PUBLICACIÓN MUNICIPAL SOBRE DEPORTES

Oleiros, 18 de outubro de 2010.- O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, presentou o pasado venres a nova publicación municipal sobre o deporte no concello. Este libro, que consta de máis de cen páxinas con información sobre as instalacións deportivas municipais, os seus programas, as súas competicións, así como os clubs do municipio e os seus deportistas, chegará aos domicilios oleirenses a finais deste mes xunto coa nova edición do periódico municipal Vivir en Oleiros.

No acto de presentación, García Seoane estivo acompañado por Teresa Vazquez Maseda, concelleira de Deportes, e por Luís Hernández, técnico responsable do Servizo Municipal de Deportes. Durante a súa intervención a concelleira destacou a consideración e importancia que ao longo dos últimos 20 anos o Goberno local de Alternativa dos Veciños lle está a dar ao deporte e á actividade física. Vázquez Maseda resaltou que o Goberno municipal impulsou e puxo en marcha unha extensa e completa rede de instalacións deportivas que son o piar sobre o que se ergue a actividade dos clubs deportivos e dos deportistas do municipio.

García Seoane fixo referencia ao completo conxunto de clubs que levan a cabo a actividade deportiva no municipio e que inclúen disciplinas tan variadas como o fútbol, baloncesto e balonmán, ata a patinaxe artística ou a natación sincronizada. «En Oleiros temos a sorte de contar con campións provinciais, autonómicos, nacionais e internacionais. Algo ao alcance de poucos municipios», sinalou. Ademais o alcalde destacou a importancia das instalacións deportivas, non só para a práctica deportiva como ocio, senón como ferramenta para manter e mellorar a saúde e minimizar o risco de sufrir enfermidades. Neste contextos xorden os catro complexos deportivos municipais, que constan de piscina, ximnasio e varias salas para acoller actividades. Ás piscinas de Perillo, A Fábrica e Oleiros, únese a partir do próximo 1 de novembro a nova piscina situada en Dorneda.

Pola súa parte, o técnico do Servizo Municipal de Deportes fixo fincapé no índice de superficie construída para uso deportivo por habitante co que conta Oleiros e que o sitúa á vangarda de España. «Para que se fagan unha idea os referentes neste tipo de índice a nivel nacional son Barcelona, Vitoria e San Sebastián. Pois ben, Barcelona conta cunha piscina municipal por cada 14.000 habitantes, mentres que Oleiros dispón dunha instalación deste tipo por cada 8.000 habitantes», sinalou Hernández.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza