Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

COMEZAN NAS BIBLIOTECAS DE OLEIROS AS TERTULIAS LITERARIAS E TALLERES DE LECTURA

Oleiros, 15 de outubro de 2010.- Os Talleres de Lectura e Tertulias Literarias para mozas/os e adultas/os comezan unha nova tempada na Biblioteca Central Rialeda de Perillo e na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz. Na Biblioteca Central Rialeda realizaranse quincenalmente, os mércores, ás 17.30 horas, con dous grupos de 20 persoas cada un deles. Nesta biblioteca xa empezaron este mércores, 13 de outubro co Grupo B e o próximo mércores, día 20 comezará o Grupo A. Pola súa parte, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz comezan o luns 18 de outubro. Serán quincenalmente, os luns, ás 18.30 horas.

Nestas actividades realizarase o comentario de obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura. O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista. Preténdese ir descubrindo a maneira de escribir de cada autor ou autora, os distintos estilos, o tipo de linguaxe que utiliza e analizar os textos escritos, os procedementos e características máis importantes de cada obra.

Ao longo dos meses iranse prestando aos participantes diferentes libros de autoras e autores da literatura galega, española e internacional, por este motivo é totalmente imprescindible que as persoas interesadas en participar se inscriban nalgunha das dúas bibliotecas, para poder ter dispoñibles os exemplares necesarios de cada título.

Na Biblioteca Central Rialeda comezarase coa lectura das obras: Raíz e soño (Canción de Oleiros) 1976 ¿ 2008 de Xavier Seoane, Non me deixes nunca de Kazuo Ishiguro e Suite francesa de Irene Némirovsky.

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz comezarase coa lectura da obra A sangre fría de Truman Capote.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza