Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca » Hemeroteca (antigas)
   

Twitter

     
 
   

Non o podes perder

     
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Novas dende o ano 2001  ata Setembro 2010
   

Dende o ano 2001 ata Setembro 2010

     

GARCÍA SEOANE DENUNCIA QUE O CENTRO DE DÍA DAS GALERAS LEVA REMATADO MÁIS DE DOUS MESES E AÍNDA NON PRESTA SERVIZO

¿ Aínda non hai data para unha posible apertura por parte da Xunta

Oleiros, 11 de outubro de 2010-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, denunciou esta mañá que o centro de día das Galeras se encontra sen prestar servizo, aínda que leva máis de dous meses rematado e amoblado. García Seoane responsabilizou a Consellería de Traballo e Benestar Social de amosar reiteradamente inaptitude na súa xestión e unha total falta de interese ante os problemas sociais que se sofren en Oleiros. O pasado 2 de agosto de 2010 foi recepcionada a obra de construción do novo centro de día das Galeras. Este centro, que se comezou a construír durante o goberno bipartito, edificouse nunha parcela de máis de 3.000 metros cadrados cedida polo Goberno local de Oleiros. Ademais, os traballos foron financiados polo Goberno central a través dos fondos do Plan E. A pesar do forte investimento que supuxo a construción deste inmoble e do alto valor da parcela onde está situado, entre ambos supera os 2,5 millóns de euros, este complexo aínda se encontra pechado, sen prestar servizo e sen data para a súa apertura.

O novo centro de día das Galeras ten capacidade para albergar e prestar coidados a un total de 80 persoas maiores. No Concello de Oleiros existe unha forte demanda deste tipo de instalacións. Na actualidade, o municipio só dispón dunha instalación deste tipo. Trátase do centro de día situado no pazo de Arenaza. Esta instalación foi posta no seu día a disposición da Xunta de Galicia polo Concello de Oleiros cun compromiso de que podería prestar servizo a 40 persoas usuarias. O Concello de Oleiros asume o 30% do financiamento desta instalación, que na actualidade atende unicamente a 15 persoas.

Esta situación de abandono por parte da Xunta está provocando que moitos demandantes deste tipo de servizo do noso municipio están sendo desviados a outros centros noutros concellos de Galicia. O Goberno municipal non tolerará o abandono dos servizos públicos de obrigado cumprimento por parte do Goberno autonómico. Por este motivo, procederá a tomar diversas medidas ata lograr a apertura inmediata do centro de día das Galeras.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza