Concello de Oleiros

Portal Web do Concello de Oleiros

Portada » Comunicación » Hemeroteca
AVISOS

Obradoiro “Ferramentas Para a Participación na Educación Ambiental”. 8 e 9 de xuño. Prazas limitdas, +info en www.ceida.org

Farmacia de Garda en Oleiros do 11 ao 17 de maio en Avenida das Mariñas, 247 Nos

CEIDA.  Obradoiro Técnicas Básicas de Debuxo da Natureza. Do 14 ao 16 de xuño no castelo de Santa Cruz
 

NON O PODES PERDER
Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 

COMUNICACIÓN

 
Dende Outubro 2010

García Seoane considera «moi positiva para Oleiros» a visita da Conselleira de Traballo e Benestar

Oleiros, 16 de maio de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, cualificou como «moi positiva para Oleiros e os seus intereses» a visita oficial que esta mañá levou a cabo a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. Durante esta visita, o presidente do Goberno local e a responsable do goberno autonómico mantiveron un encontro na que ultimaron varios acordos en materia de benestar que ambos os organismos levan fraguando ao longo dos últimos meses.

Oleiros presenta unha interesante actividade que percorre lugares emblemáticos do municipio relacionados con mulleres ilustres

Oleiros, 15 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros presentou esta mañá o Roteiro Literario. Esta nova actividade percorrerá lugares emblemáticos do municipio relacionados de forma directa con mulleres ilustres como María Casares, Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán e Juana de Vega, segundo sinalou a concelleira de Cultura e Normalización Lingüística Esther Garrido Pan.

Oleiros participará na manifestación en defensa da lingua convocada pola plataforma Queremos Galego!

Oleiros, 15 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros presta o seu apoio á manifestación en defensa da lingua galega organizada pola plataforma Queremos Galego. Así mesmo, o Goberno local estará representado nesta protesta que terá lugar o próximo xoves 17 de maio a partir das 12.00 horas na Alameda de Santiago de Compostela.

Oleiros prepara un completo programa de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas

Oleiros, 14 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros prepara a través da Rede Municipal de Bibliotecas un completo programa de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas. Entre estes actos destaca o concerto poético sobre a obra de Celso Emilio Ferreiro que se celebra o próximo 16 de maio ás 12.30 horas no Teatro As Torres de Santa Cruz. Haberá tamén varios obradoiros de ilustración e banda deseñada.

Oleiros presta o seu apoio institucional á ILP sobre a proposición de lei de regulación da dación en pagamento, de paralización dos desafiuzamentos e de aluguer social

Oleiros, 14 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros presenta o seu apoio á iniciativa lexislativa popular que quere levar ao Congreso dos Deputados unha modificación da lei hipotecaria na que se contemple a dación en pagamento, a paralización de desafiuzamentos e o aluguer social. Para iso é necesario recoller máis de 500.000 sinaturas antes do 31 de outubro de 2012 en todo o territorio nacional.

Oleiros organiza a Festa da mocidade cun concerto onde participarán grupos locais

Oleiros, 14 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Ensino e Xuventude, organiza para o próximo 7 de xullo no aparcadoiro de Bastiagueiro a festa para a mocidade. Nesta celebración as persoas asistentes poderán participar nunha serie de actividades, así como acudir ao campionato de skate organizado especialmente para esta data.

A obra teatral Verbum Fahrenheit será representada mañá no auditorio de Mera

Oleiros, 11 de maio de 2012-. O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros organiza para mañá sábado o pase da obra de teatro Verbum Fahrenheit. O acto terá lugar ás 20.30 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera e o prezo da entrada é de 2,5 euros.

As persoas maiores que participan na actividade municipal de sendeirismo completan unha ruta preliminar que avaliou o seu estado físico

Oleiros, 11 de maio de 2012-. As persoas participantes na actividade municipal de sendeirismo e excursionismo Ven e descubre da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros completaron a primeira ruta do itinerario. Un total de 140 persoas entre os 60 e os 84 anos participaron nesta ruta de sendeirismo guiado, que é un test de proba para confirmar a idoneidade das súas capacidades físicas de cara ás seguintes rutas que as levarán por distintos lugares de Galicia.

O Concello recepcionará novas rúas e un parque na urbanización Obelisco

Oleiros, 10 de maio de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, sinalou esta mañá que nos próximos días o Concello recepcionará varias rúas de nova construción na urbanización Obelisco, na localidade de Santa María de Oleiros. Esta urbanización, cuxa primeira fase se desenvolveu nos anos noventa, comezouse a construír hai catro anos por iniciativa municipal, pero sufriu varios retrasos segundo sinalou o rexedor.

Oleiros imparte nuevos talleres de ilustración para escolares

Oleiros, 10 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros, a través da Rede Municipal de Bibliotecas, imparte novos cursos de ilustración para escolares. Mañá 11 de maio celebraranse dúas novas sesións dirixidas ao alumnado de terceiro curso de educación primaria do CEIP Valle Inclán. Estes obradoiros, impartidos polo debuxante Xosé Tomás, terán lugar na Biblioteca Central Rialeda.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza