| NOVAS « Atrás Concerto de Marem Ladson, este sábado na FábricaOleiros, 22 de febreiro de 2021-. Marem Ladson ofrece un concerto en formato acústico este sábado no Auditorio da Fábrica ás 19:30 horas. As entradas poñeranse á venda a partir das 18:30 horas, a 2,50 euros. Marem Ladson é unha moza de precoz talento, gran seguridade sobre o escenario e dunha madurez insólita para alguén da súa idade coa que controla cada aspecto da súa carreira dunha maneira sorprendente. Mesturando a súa capacidade evocadora natural en textos con texturas folk e pop actuais, a súa música é íntima e poderosa. Tras debutar en 2018 cun notable álbum homónimo de pop-folk, esta ourensá regresou co EP Azul: cinco cancións nas que sonda novos territorios para un segundo disco a finais de 2019, Fight. Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización. |