| NOVAS « Atrás A cabalgata de reis comezará ás 16:15 horas por Mesón da Auga e percorrerá todo o municipioOleiros, 4 de xaneiro de 2020-. Mañá martes 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar aos nenos e nenas de Oleiros. A saída da comitiva real está prevista para as 16:00 horas, iniciando o percorrido na parroquia de Nós para seguir por Iñás, Lorbé, Dexo, Serantes, Maianca, Dorneda, Santa Cruz, Perillo, Montrove e Oleiros. Os horarios aproximados previstos de paso dos Reis Magos son os seguintes: 16:15 H – Urbanización Mesón da Auga, rúa Anido 16:30 H – Avenida Salvador Allende, Casa do Pobo de Nós 16:40 H - Avenida Espoz y Mina 16:45 H – Rúa da Vila, Casa do Pobo de Iñás 16:50 H – Rúa Fonte do Ouro, urbanización Arenaza 17:10 H – O Couto, Rúa do Golfiño 17:20 H – Avenida Giménez Herrero, Casa do Pobo de Dexo 17:30 H – Rúa Doutor Fleming 17:40 H – Paseo de Mera 17:50 H – Canide, avenida Palestina 17:55 H – Avenida República Arxentina, Breixo 18:05 H – Urbanización Rialta, parque Nicolás Redondo 18:15 H – Rúa Viñas de Babilonia 18:20 H – Avenida Concepción Arenal 18:25 H – Avenida Che Guevara 18:35 H – Rúa O Miradoiro, Avenida da II República 18:40 H – Avenida Rosalía de Castro, Biblioteca Rialeda 18:50 H – Rúa Darwin, Rúa Linneo, Avenida de Santa Cristina 19:05 H – N-VI, Avenida das Mariñas (Agramar-Beiramar) 19:10 H – Urbanización O Seixo 19:20 H – Avenida Rosalía de Castro 19:30 H – Avenida Isaac Díaz Pardo, urbanización Os Regos 19:40 H – Avenida Francisca Herrera 19:45 H – Casa do Concello, Praza da Rabadeira Para evitar aglomeracións non se realizará ningunha parada. O Concello solicita a colaboración de todos os cidadáns para manter as distancias e agardar nas beirarrúas, sen invadir a estrada en ningún momento. |