Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
javax.portlet.title.56

javax.portlet.title.56

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello denuncia as prácticas fascistas da inspección de educación coa directora do Colexio Luis Seoane

 Oleiros, 1 de outubro de 2020-. A inspectora de educación da zona obrigou a dimitir á directora do CEIP Luis Seoane de Canide achacándolle a responsabilidade do gravísimo acontecemento que sucedeu cun neno no servizo de transporte escolar. A directora foi sentada nunha mesa ante un papel e un bolígrafo e foi obrigada a dimitir contra a súa propia vontade.

“Esta persoa é unha directora exemplar e entre todos e todas temos que loitar para que siga no seu cargo. Teño moi claro que se mañá se mantén o cese, faremos unha convocatoria a todo o pobo de Oleiros para mobilizarnos e protestar por esta actuación. É gravísimo!”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
A responsabilidade do grave suceso acontecido o pasado martes cun neno que quedou no bus durante toda a mañá é da compañía de transportes e da persoa que realiza as tarefas de acompañamento e coidado no autobús, contratados pola Xunta de Galicia. É, polo tanto, a Xunta a responsable deses feitos tan graves e intolerables, non a directora do centro.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza