Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Rafael Astor Casalderrey será nomeado fillo adoptivo do Concello de Oleiros

Oleiros, 28 de xullo de 2020-. O Goberno municipal aprobará no pleno que se celebra este xoves ás 20 horas na Casa Charry o nomeamento de Rafael Astor Casalderrey como fillo adoptivo de Oleiros. Este é un recoñemento ao seu traballo, dedicación e contribución persoal a prol deste municipio, que excedeu das obrigas propias do seu cargo de enxeñeiro municipal, contribuíndo ao incremento dun prestixioso xa de por si concello.

A relación con Oleiros de Rafael Astor, data de principios da década dos anos oitenta, cando un enxeñeiro pontevedrés afincado na Coruña, deseñou unha serie de proxectos construtivos para mellora do municipio. Anos máis tarde e despois do concurso-oposición convocado, foi quen de acadar en propiedade a praza creada para dirixir e desenvolver a Área de Obras Públicas Municipal.
 
Rafael Astor Casalderrey é unha persoa que deixa pegada en Oleiros polo seu labor no deseño das redes e acuedutos de auga, rede de sumidoiros, novos viais mellorando a comunicación interna e externa municipal, parques, prazas, paseos… actuacións conducentes ó desenvolvemento dunha política mediombiental seria e de protección do patrimonio histórico propio, pensada e proxectada desde o Goberno municipal.
 
As súas cualidades profesionais e humanas demostradas durante a súa longa traxectoria municipal, cumpridas sempre de xeito admirable, a súa competencia e o seu afable trato e pronta disposición para canto implicase un mellor servizo ós intereses veciñais, fixeron posible a estimación e afecto de cantos pasaron pola Casa do Concello e o respecto e simpatía de todas as compañeiras e compañeiros que traballaron preto del.
 
A súa sensibilidade á hora de deseñar proxectos e executar obras permitiu mellorar os nosos núcleos históricos, mantendo as súas singularidades; primando a preservación de árbores senlleiras por riba das aliñacións das rúas; o deseño de rincóns con encanto en paseos e prazas, etc. Así, débense salientar: a recuperación das ruínas do Parque da Capela; a creación do Parque José Martí, rehabilitando unha zona totalmente degradada ata convertelo no parque máis fermoso de Galicia; o parque da Lagoa de Mera, utilizando as travesas do ferrocarril para delimitar o espazo natural evitando así a degradación da súa contorna natural; a recuperación da chimenea da antiga fábrica de ladrillos; os Paseos costeiros da Ría da Pasaxe e da Fábrica, transformando as ruínas nun fermoso centro cultural; o Paseo e o Parque das Galeras, respectando neste ámbito tamén e na súa totalidade o espazo natural; ó igual que no Paseo costeiro de Mera ou no balcón de Maianca… En definitiva, quilómetros e quilómetros de sendas para uso e disfrute da veciñanza e como non, para mellora da seguridade na circulación dos peóns, adaptándose á contorna de cada lugar, enchendo as rúas de árbores creando fermosas alamedas como na Avenida Ernesto Che Guevara, velando para impedir as talas de árbores senlleiras como na Avenida de Miguel Hernandez, de titularidade autonómica, ou as da Rúa do Pazo e Rúa Miraflores, da Deputación da Coruña.
 
Pódese dicir que foi un dos grandes artífices da Vía Ártabra, vial vertebrador e imprescindible para o desenvolvemento e crecemento sostible do noso municipio; do Parque Metropolitano, respectando o bosque, dotándoo de sendas de madeira e espazos para o lecer; e da recuperación do contorna da Igrexa de Liáns, coa fermosa escalinata que une o aparcadoiro co adro.
 
Toda unha xestión profesional ó alcance de moi poucos. Grazas ás súas moitas intervencións no termo municipal ó longo do tempo, construímos este Oleiros distinto, un concello admirado por moitos municipios galegos e de fóra de Galicia.
 
A súa bagaxe cultural, a súa capacidade creativa, o seu orgullo de sentirse un oleirense máis, pero ante todo a súa honradez á fronte da  área de Obras Públicas municipais, fan de Rafael Astor Casalderrey un digno merecedor do título de fillo adoptivo do Concello de Oleiros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza