| NOVAS « Atrás Unha nova forma de matar sen balasOleiros, 23 de marzo de 2020-. A desgraciada situación que estamos a padecer provocada polo coronavirus non é froito da mala sorte nin do azar. Este virus foi creado en laboratorios para destruír a economía do mundo, dominar países e gobernos e incrementar o poder e a riqueza dos dominadores do planeta. “A través deste virus, están atacando as bolsas, aumentando o control sobre o gas e o petróleo, dobregando sen compaixón a decenas de gobernos e países que están calados, que non se atreven a falar... É dicir, fanse donos da economía mundial sen disparar un só tiro”, dixo o alcalde Ángel García Seane. Detrás da creación do coronavirus están os mesmos que nas últimas décadas do século pasado promoveron as ditaduras máis sanguinarias en América Latina: Chile, Perú, Arxentina, Bolivia, Ecuador, Salvador, Guatemala, Colombia, Nicaragua.... para facerse coas materias primas destes países (cobre, petróleo, gas, minerais) e explotar con empresas afíns a produción de alimentos, a pesca, a gandaría,... Son os mesmos que fomentan, controlan e explotan a maior parte do narcotráfico que pulula polo planeta, para despois financiar o terrorismo e os golpes de estado. Son os mesmos que crearon e financiaron a Bin Ladem para combater a Rusia, nunha guerra que durou 10 anos, para facerse co corredor de Afganistán e controlar os oleodutos que transportarían o gas e o petróleo dos países da ex-Unión Soviética (Azerbayán e outros). Despois volveron utilizar a Bin Ladem para satanizalo e entrar a saco en calquera país do mundo coa desculpa de perseguir a terroristas. Son os mesmos que fomentaron as primaveras árabes, para dobregar a aqueles gobernos que non claudicaban aos seus intereses provocando cruentas guerras civís: Yemen, Sudam, Congo, Chad, Irak, Libia ou Siria. Son os mesmos que lideran a venda de armas no mundo e que promoven as confrontacións. Son os mesmos que protexen ditaduras afíns: Exipto, Nixeria, Alxeria, Arabia Saudí. Son os mesmos que utilizaron o gas mostaza, o napalm, o gas sarín, o axente laranxa; terroríficas armas biolóxicas, creadas en laboratorios para a eliminación masiva de exércitos e poboacións. Son os mesmos que sementaron en África o sida e o ébola. Son os creadores do Sars e os que levaron o virus Zika a Latinoamérica, para controlar os mercados do ouro, diamantes e coltán. Son os mesmos que cando crean un virus, achácanlle a súa transmisión aos animais: gripe aviar, vacas tolas, peste porcina, sida, coronavirus,... “Os que nos atrevemos a opinar e expresar o noso pensamento sobre tan odiosos sucesos téñenos por difamadores, tolos, comunistas, terroristas e outra serie de lindezas. Aínda así, prefiro militar neste bando e seguir denunciando esta barbarie”, declarou Ángel García Seoane. |