Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O alumnado dos obradoiros de memoria imparte clases de historia das localidades de Oleiros nos colexios

Oleiros, 19 de febreiro de 2020-. O alumnado de 3º de primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz recibiu a visita de Puri, Toñuca, Dora, Lola e Pilar, cinco mulleres que participan nos obradoiros de memoria do Concello de Oleiros e que explicaron de primeira man como se movían cando elas eran mozas. Os estudantes descubriron antigos medios de transporte como o tranvía ou as embarcacións, que usaban os veciños e veciñas de Santa Cruz para trasladarse dun lugar a outro, para traballar, para divertise ou para relacionarse con outras persoas.

Nas próximas semanas, as persoas que participan nos obradoiros de memoria doutras localidades visitarán outros centros de ensino público para explicar como era Oleiros a mediados do século pasado. Está previsto que estas actividades se realicen nas vindeiras semanas no CEIP A Rabadeira de Oleiros e no CEIP Valle Inclán de Perillo.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza