Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros subvencionará os colexios, as ANPA e as entidades deportivas, culturais e sociais con 273.200 euros

 Oleiros, 23 de agosto de 2019-. O Concello de Oleiros abre a convocatoria de subvencións dirixida ás entidades locais para a promoción e difusión da cultura e do deporte para este ano 2019. En total repartiranse 273.200 euros entre todos os colectivos.

O obxectivo desta convocatoria é a promoción e o impulso de actividades culturais, educativas, deportivas e xuvenís. Poden concorrer a estas axudas todas as entidades veciñais, deportivas, culturais, xuvenís, comisións de festas, ANPA, centros de ensino público e outros colectivos  sen ánimo de lucro que figuren inscritos no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o próximo 30 de setembro.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza