| NOVAS « Atrás Un depredador medioambiental corta catro castiñeiros 'que lle sacaban as vistas' a unha veciña que acababa de comprar un piso en NavalOleiros, 11 de xullo de 2019-. Catro castiñeiros que levaban dous anos plantados polo Concello de Oleiros nos terreos da zona verde de Naval, na parte superior do Porto de Santa Cruz, foron cortados e, posteriormente, cubertos con sal para evitar que os cepos volveran brotar. O Concello está indagando para atopar á depredadora/depredador medioambiental que reside nun piso próximo a esta zona verde. Dáse a circunstancia de que cando o Concello procedeu á limpeza da maleza desta finca, houbo unha persoa que se dirixiu a unha concelleira para solicitarlle que cortase os castiñeiros que agora apareceron eliminados porque “lle sacaban vistas” do piso que acababa de comprar. As persoas que poidan denunciar ou presentar probas dos autores deste atentado medioambiental, realizado con nocturnidade e aleivosía, serán gratificadas polo Concello. Hai quen compra un piso e lle parece que compra o municipio. As zonas verdes son de uso e gozo dos veciños e veciñas e ningunha persoas ten dereito a atacar as árbores que forman e embelecen os espazos públicos. |